Monday 20 de May de 2024

O Concello de Oroso convoca un campamento de Entroido, que terá lugar do luns 27 de febreiro ao mércores 1 de marzo


Tras o éxito acadado na súa estrea en 2016, o Concello de Oroso convoca unha nova edición do Carnival Camp, un programa de conciliación familiar para as vacacións escolares do Entroido. O campamento está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade e terá lugar entre o luns 27 de febreiro e o mércores 1 de marzo, cun horario e uns prezos que se adaptan ás necesidades das familias.

O Concello de Oroso mantén o horario e os prezos do ano pasado: de 9:00 a 14:00 horas, por un prezo de 12 euros. Un horario que se poderá adaptar ás necesidades de cada familia, nunha horquilla horaria que vai das 7:30 ás 15:30 horas. Ademais, poderase optar por servizos adicionais como almorzo (2 euros), xantar (5 euros) e merenda (3 euros). As familias interesadas en participar deberán anotarse previamente no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro (981 690 903) ou na Escuela ConTalento (881 981 905 / 604 002 616 ou oroso@escuelacontalento.es).